Saltar ao contido

Illa Hanover

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Hanover
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Hanover Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaChile Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°00′00″S 74°40′00″O / -51, -74.66667
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude744 m Editar o valor en Wikidata
Superficie812 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Hanover é unha illa situada no océano Pacífico na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Chile, ao norte do estreito de Magallanes. Forma parte do arquipélago de Hanover. Esta separada da illa Chatham pola Canle Esteban, Guías Narrows e Canle Inocentes.

Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.

A contar de 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a dos canles patagónicos. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola "canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridos con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costas

[editar | editar a fonte]

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre si. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. Destaca un cerro de 1.219 metros de altura.

Literatura

[editar | editar a fonte]

Na ficción popular, a illa aparece no libro de Jules Verne Dous anos de vacacións. O libro conta a historia de 15 nenos (entre 8 e 14 anos) de Auckland, que pasaron 2 anos nesta remota illa como resultado dunha tormenta que embaranca a súa goleta na costa da illa. Eles chámana "Chairman Island" (Illa do Presidente) polo nome do internado dos raparigos.

No lado continental atópase o Parque Nacional Torres do Paine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]